← Volver ao blog

Como facer un calendario de advento de balde

O simple feito de crear un calendario de advento caseiro xunto cos peques pódese converter nun momento moi especial en familia.

A pouco que busques en internet podes topar exemplos de calendarios de advento caseiros.

Por exemplo, con rolos vacíos de papel hixiénico ou envases de ovos kinder:

calendario de advento con rolos de papel hixienico
calendario de advento con ovos kinder

Caixas de calendario de advento

No calendario de advento de Pidopapas incluín 24 recortables que se poden imprimir en branco e negro para despois ser coloreados polos peques.

Despois, cuns poucos pregamentos e un pouco de pegamento xa terás as caixas montadas:

Caixa do calendario de advento para imprimir, recortar e montar

Para facelo máis divertido, incluín 24 enigmas para que os peques teñan que esforzarse antes de recibir o agasallo.

Se queres engadir caixas recortables e 24 enigmas xa preparados, consulta que inclúe cada edición e o seu prezo:

Ver o calendario de advento e os materiais imprimibles

Como facelo con materiais que xa tes

  1. Reúne 24 recipientes: rolos de papel, sobres ou pequenas caixas reutilizadas.
  2. Numéraos do 1 ao 24 e deixa que os peques os decoren.
  3. Garda dentro unha mensaxe, unha actividade para compartir ou un pequeno agasallo.
  4. Colócaos xuntos ou agocha un cada día para preparar unha busca pola casa.

Esta montaxe pódese facer sen mercar un calendario. Se prefires ter os enigmas e os complementos xa preparados, os calendarios de Advento de Pidopapas son produtos dixitais de pago: podes comparar as edicións Trasno Traste e Animalia antes de escoller.