Xa comezou decembro e estás pensando: «Cheguei tarde para o calendario de Advento deste ano». Pois non pasa nada! Non tes por que esperar ao ano que vén para xogar en familia.
Hai casas nas que todo comeza cando se pon a árbore, se sacan as caixas do trasteiro e a casa empeza a cheirar a Nadal. E sabes que che propoño?
Como comezar o calendario de Advento se xa pasaron varios días
- Imprime o calendario.
- Organiza unha pequena busca do tesouro cos primeiros cinco ou seis retos, ou cos que teñas pendentes.
- A partir de aí, continúa co ritmo normal dunha proba ao día.
Así a rapazada ten un inicio máis movido, entra na dinámica do xogo e pode gozar do Advento igualmente.

Un calendario de Advento en galego
En 2025 preparei dúas edicións cun estilo diferente: Trasno Traste e Animalia. Podes consultar os calendarios na páxina do calendario de Advento de Pidopapas.
Así que, se estabas dubidando, aínda estás a tempo. Quedan días para xogar, rir e aprender en galego. ✨
