En 2026 preparei unha nova edición dos Cadernos do Outono de Pidopapas, con títulos actualizados, novas portadas e ISBN propios. Mantiven o contido principal dos libros anteriores e fixen pequenos axustes.
Que cambiou na nova edición?
Os libros que antes se comercializaban como Sopas de letras do outono pasan a chamarse Cadernos do Outono. Cambian as portadas, o título e os ISBN, pero o contido base segue sendo o mesmo. Se xa tes a edición anterior, non precisas comprar a nova pensando que se trata dun libro totalmente diferente.
ISBN anteriores e actuais
Edición anterior:
- Sopa de letras do outono de 4 a 6 anos — ISBN 979-8-3431-0821-7.
- Sopa de letras do outono de 7 a 8 anos — ISBN 979-8-3437-8585-2.
- Sopa de letras do outono de 9 a 10 anos — ISBN 979-8-3443-4834-6.
Nova edición:
- Caderno do Outono de 4 a 6 anos — ISBN 979-13-992414-1-9.
- Caderno do Outono de 7 a 8 anos — ISBN 979-13-992414-2-6.
- Caderno do Outono a partir de 9 anos — ISBN 979-13-992414-3-3.
E se a libraría aínda ten a portada antiga?
As dúas edicións poden convivir nas librarías mentres queden exemplares anteriores. Estes seguen sendo válidos, aínda que non incorporan a última revisión da nova edición.
Se queres un exemplar da nova edición, podes pedilo polo título e idade correspondentes, utilizando os ISBN actualizados. Tamén podes consultar os Cadernos do Outono de Pidopapas.

