← Volver ao blog

As sopas xa están nas catro provincias (e agora tamén son para os maiores)

En maio de 2025, despois de varios días facendo chamadas e visitando librarías, estaba ben contento:

os libros de sopas de letras xa están —ou están de camiño— nas catro provincias galegas!

Nesas conversas, varios libreiros e lectores preguntáronme por pasatempos para adultos:

—“Non terás algo tamén para adultos, non?”

—“Si, ademais de para a miña filla, quería un para min.”

—“Aquí vendemos moito pasatempo para maiores, que estimula a memoria, entretén, axuda a concentrarse…”

Así que me puxen mans á obra.

Collín os libros anteriores, mirei o que funcionaba e preparei un formato máis desafiante:

palabras máis longas, temas máis adultos, pasatempos que piden calma, atención…

e letra máis grande, que tamén se agradece.

Así naceu o primeiro libro da colección pensado para adultos.

Sopa de letras galegas para adultos.

Non é un produto comercial pensado para “vender máis” (que tamén).

É unha resposta directa á xente que me pide algo para os seus pais, nais, avoas e avós, ou para si mesmos.

Un xogo en galego feito con coidado para darlle voltas á cabeza mentres desfrutan da lingua.

Xa está dispoñible, con todo o cariño do mundo.

Libro de sopas de letras en galego para adultos de Pidopapas