O cheiro das sardiñas, as cacharelas e as herbas do cacho forman parte dos recordos de San Xoán. Para compartir estas tradicións coa rapazada, preparei un conxunto de actividades infantís en galego para imprimir que podes utilizar na casa, na aula ou nun campamento.
Xogos e pasatempos para celebrar o San Xoán
O material combina propostas para descubrir as tradicións galegas e divertirse:
- Unha sopa de letras.
- Unha actividade sobre as herbas do cacho.
- Un código secreto.
- Debuxos para colorear.
- Un xogo de atopar as diferenzas.
O PDF inclúe tamén as solucións. Podes escoller as actividades que mellor encaixen coa idade das crianzas e co tempo que teñades dispoñible.
Como conseguir as fichas de San Xoán de balde
Para recibir este material por correo electrónico, solicita as actividades gratuítas de San Xoán no formulario.

Ficha – San Xoán
Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.
