← Volver ao blog

Actividades sobre Rosalía de Castro en galego para imprimir

Se buscas actividades sobre Rosalía de Castro para traballar na aula, preparei unhas fichas en galego que combinan pasatempos, vocabulario e comprensión lectora. Prepareinas a partir das peticións de varias docentes e están pensadas para adaptarse a distintos niveis.

Montaxe con catro fichas imprimibles de actividades educativas sobre Rosalía de Castro.

Que actividades inclúen as fichas de Rosalía?

  • Unha sopa de letras con conceptos como lingua, morriña e liberdade.
  • Un verso codificado para descifrar.
  • Actividades de comprensión dos poemas.
  • Exercicios para completar versos con palabras propostas.
  • Actividades para unir palabras co seu significado.
  • Preguntas para reflexionar sobre o ton e o sentido dos poemas.

Son propostas para achegarse á obra de Rosalía xogando coas palabras, interpretando os versos e falando sobre o que transmiten.

Como conseguir as fichas gratuítas

Podes utilizar o material na casa ou na aula. Completa o formulario para recibir por correo electrónico as actividades e imprimilas.

Solicitar as actividades gratuítas de Rosalía de Castro

Montaxe de fotografías de fichas educativas de Pidopapas baixo o título Actividades educativas Rosalía de Castro.

Actividades de Rosalía de Castro en galego

Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.