Os Maios son unha oportunidade para achegar as tradicións galegas ás crianzas a través do xogo. Preparei unha ficha gratuíta dos Maios en galego, pensada para imprimir e utilizar na casa ou na aula.
Xogos para descubrir a tradición dos Maios
A idea naceu dunha enquisa na que as persoas participantes propuxeron os Maios como tema dunha nova ficha. O material inclúe xogos, un pequeno código secreto e propostas que serven para conversar sobre esta celebración.
Podes aproveitar as actividades para falar das cantigas, preguntar se as crianzas coñecen algún maio ou compartir lembranzas familiares arredor desta tradición.

Como conseguir a ficha gratuíta dos Maios
Completa o formulario e recibe as actividades por correo electrónico. Só tes que imprimilas para comezar a xogar.
Solicitar a ficha gratuíta dos Maios
Actividades dos Maios en galego
Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.
