← Volver ao blog

Actividades das Letras Galegas para nenos: xogos, palabras e códigos secretos

Buscas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas na casa ou na aula? Preparei unha ficha gratuíta para imprimir con xogos que permiten descubrir palabras, autores e autoras galegas mentres a rapazada se divirte.

Composición ilustrada de fichas das Letras Galegas, con xogos de palabras, códigos, libros e un retrato en tons azuis.

Que actividades inclúe a ficha das Letras Galegas?

  • Sopas de letras para xogar co vocabulario.
  • Códigos secretos para descifrar mensaxes.
  • Actividades arredor de autores e autoras da literatura galega.
  • Palabras curiosas da nosa lingua.

Ideas para aproveitar os xogos na aula ou na casa

Unha maneira de sacar partido ás fichas é resolver os retos por parellas e comentar as palabras que non coñecemos. Por exemplo, que significa «fochanca»? Podes buscar a resposta coa rapazada e pensar nunha frase na que utilizar esa palabra.

Como conseguir as actividades de balde

O material é gratuíto e está pensado para imprimir. Solicita a ficha das Letras Galegas mediante o formulario para recibila no teu correo electrónico.

Actividades das Letras Galegas para imprimir

Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.