Unha eclipse é unha boa ocasión para espertar a curiosidade da rapazada polo ceo e polos fenómenos astronómicos. Preparei unha ficha de pasatempos en galego dedicada ás eclipses, pensada para aprender algo novo mentres se xoga.
Aprender sobre as eclipses xogando
Unha eclipse prodúcese cando un corpo celeste oculta total ou parcialmente outro, ou cando este entra na sombra doutro. Pódese aproveitar este fenómeno para conversar cos nenos e nenas sobre a Lúa, o Sol e a observación do ceo.
A ficha permite introducir o tema a través dos pasatempos e pode empregarse na casa, na aula ou como proposta para as vacacións.
Como conseguir a ficha gratuíta da eclipse
Solicita aquí a ficha da eclipse en galego e recibirás as indicacións de descarga por correo electrónico.
Actividades do eclipse en galego
Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.
