En galego debemos dicir «a eclipse», non «o eclipse». A palabra eclipse é un substantivo feminino, tal e como recolle o Dicionario da Real Academia Galega.
Unha corrección na ficha de Pidopapas
Nunha das primeiras versións da miña ficha de actividades sobre a eclipse apareceu empregado o xénero incorrecto. Cando detectei o erro, revisei o material e preparei unha versión corrixida.
Se descargaches ou imprimiches a primeira versión, síntoo. Podes obter a ficha revisada no mesmo formulario.
Materiais en galego que tamén precisan revisión
Quero que os nenos e nenas poidan xogar, descubrir vocabulario e aprender en galego. Por iso, cando atopo unha incorrección nos materiais, corríxoa e procuro mellorar o proceso de revisión lingüística e normativa dos seguintes libros e fichas.
Solicitar a ficha gratuíta da eclipse en galego.
Actividades do eclipse en galego
Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.
