Os magostos son unha boa ocasión para compartir castañas, tradicións e un pouco de lecer en galego. Se buscas xogos do Magosto en galego para facer na casa ou na aula, en Pidopapas preparamos unha ficha gratuíta do Magosto con seis actividades e as súas solucións. 🌰
Seis xogos do Magosto para imprimir
A ficha está pensada para imprimir e xogar en familia ou na escola. Podes utilizala como complemento dunha celebración do Magosto ou para dedicar un anaco da tarde aos pasatempos.

Como conseguir a ficha gratuíta
As descargas gratuítas de Pidopapas solicítanse mediante un formulario e envíanse por correo electrónico.
Solicitar a ficha gratuíta do Magosto
Máis pasatempos para o outono
Se queres seguir xogando, tamén están dispoñibles os Cadernos do Outono de Pidopapas, con máis de 75 xogos e pasatempos en cada libro e versións para tres franxas de idade: de 4 a 6 anos, de 7 a 8 anos e de 9 anos en diante.
Podes buscalos na túa libraría habitual ou coñecer máis propostas en Pidopapas.com.
