Hoxe apagamos, mañá prevención

Hoxe toca agradecer.

Agradecer o esforzo de bombeiros, voluntarios e veciñanza que, unha vez máis, o deron todo contra o lume.

Pero mañá toca pensar no futuro.

Porque previr é mellor que apagar.

Porque investir en #prevención é salvar vidas, monte e, sendo pragmáticos, é moito máis barato.

En Pidopapas sumámonos con algo diferente: unha sopa de letras sobre a prevención de incendios.

Un pequeno xogo para lembrar que a aprendizaxe tamén pode ser lúdica.

👉 E ti, se puideses engadir unha palabra máis á lista… cal sería?

Pulsa na imaxe para descargar unha versión para imprimir.

prevencion contra lumes pasatempos