Unha Escape Room está moi ben, pero se che gusta ver correr á xente competindo ata chegar ó final… o mellor é unha Búsqueda do tesouro ou gynkana.
Moi fácil: esconder as pistas en diferentes lugares da casa para que, a continuación, os participantes teñan que ir resolvendo as pistas e buscando nos diferentes lugares da casa para atopalos.
Pasos a seguir:
1-Recortar última páxina pola liña 1 (-.-.-); doblar pola 2 (…..) ata o 3.
2-Escribir:
Busca: na habitación; no forno; na lavadora; no baño… onde queiras e tan difícil como queiras! 🙂
3-Colocar as Tarxetas Pequenas enriba da mesa
(mostrando só as 3 letras!).
4-Esconder as Tarxetas Grandes nos rincóns da casa que escribiche.
OLLO! Asegúrate que coincidan.
Se a tarxeta pequena “PET” manda buscar “na cociña”.
A tarxeta grande con pistas “PET” debe esconderse na cociña 👍
Dinámica:
Os participantes deberán ir resolvendo as diferentes pistas.
Con iso abrirán cada Tarxeta Pequena.
Cada Tarxeta Pequena os levará a buscar os enigmas escondidos na casa…
Ata a tarxeta final!
Se inda non a tes… a qué esperas?
Só para xente con enerxía 🙂