Xincana do Alén

xincana samain cangas pidopapas

Entrega de premios

Trasladado ao luns 3 de novembro ás 18h no Concello de Cangas.

Cangas – 27–31 de outubro de 2025


O Samaín chega a Cangas cunha aventura que non esquecerás.
Durante cinco días, as rúas e tendas da vila converteranse nun taboleiro cheo de enigmas, cadeados, caixas e mensaxes ocultas.
A Santa Compaña volve camiñar… e ti poderás seguir o seu rastro.

Queres participar?

Forma equipo, colle o mapa e percorre o centro de Cangas cheo de probas misteriosas.
Descifra códigos, abre caixas, resolve acertixos e completa o ritual antes de que a última candea se apague.

Cada paso achegarate á salvación… ou ao Alén.
Os máis rápidos recibirán premios e agasallos sorpresa.

Cando?

Do 27 ao 31 de outubro de 2025

  • Luns a xoves: 10:00–14:00 / 16:00–20:30
  • Venres 31: 10:00–14:00 (antes de que caia o sol…)

Para quen?

  • A partir de 12 anos.
  • A partir de 8 anos acompañados por un adulto.

O primeiro paso é recoller o teu mapa no Centro Social de Cangas
(xusto ao lado do Concello).

Organiza

Pidopapas, proxecto galego de pasatempos e aventuras.
En colaboración co Concello de Cangas e ACICA.


Pasatempos en Galego

logo pidopapas 2025 branco